Os socialistas de Muxía celebran este sábado o seu encontro anual en Quintáns

A agrupación socialista de Muxía celebrará este sábado 30 de agosto o seu tradicional encontro anual. A cita terá lugar na antiga escola de Quintáns, a partir das 19.00 horas, trasladada a este espazo debido á previsión meteorolóxica.

Como novidade, o evento incluirá unha sardiñada popular. Os asistentes poderán adquirir un ticket de 7 euros, á venda a través dos concelleiros socialistas ou no propio recinto o mesmo día. O menú inclúe bebida, pan, broa, sardiñas, cachelos, sobremesa e café.

A dirección local explicou que, como mostra de agradecemento á boa acollida da iniciativa, a velada estará amenizada con música en directo.

O secretario xeral e portavoz municipal do grupo socialista, Iago Toba Campaña, intervirá no encontro para reafirmar o lema “Imparables”, co que a candidatura se presentou nas últimas eleccións municipais. Toba subliñará, segundo avanzan dende a organización, que o proxecto socialista “mantén a forza e a coherencia cos principios defendidos ante a veciñanza de Muxía”.

Desde o PSOE incidirán na “catastrófica xestión e engano” do goberno local actual.

Ao encontro están convocados veciños e veciñas, así como cargos socialistas da comarca e representantes das direccións provincial e nacional, configurando un espazo de convivencia, debate político e reencontro entre militancia e simpatizantes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos