Éxito rotundo de Sebas Allones no concurso «Da rúa á lúa»

Sebas Allones triunfou no concurso organizado polo programa Quen anda ai da TVG.

Tremendo éxito do artista camariñán Sebas Allones Dans, que, a pesar da súa curta idade, amosa unha profesionalidade impactante así como unhas cualidades interpretativas moi destacables.

Templanza e arte deste cantante con raíces en Camelle e Ponte do Porto, que chamou a atención dos espectadores da Televisión de Galicia e tamén do xurado do concurso promovido polo programa Quen anda aí, que o seleccionou como gañador do certame Da rúa á lúa.

Durante a súa participación neste concurso, Sebas sorprendeu gratamente interpretando cancións como Pena, penita, pena, Hoy quiero confesar ou Luz de luna.

Unha vitoria merecida para un rapaz con moito talento e proxección, que recibiu múltiples felicitacións a través das redes sociais. Desde o Concello de Camariñas, e tamén a alcaldesa Sandra Insua, resaltaron a “actuación espectacular” de Sebas.

Así mesmo, a deputada autonómica e portavoz popular, Paula Mouzo Mas, que tamén tivo relación co mundo artístico, valorou a “excelente interpretación”, sinalando que Sebas é “un orgullo para o noso concello”.

PARABÉNS SEBAS !!!!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos