IMAXES DO PLENO DE FISTERRA DA NOSA CANLE DE YOUTUBE

12:55- Luis Insua elixido como novo alcalde de Fisterra cos votos do PP e do edil Martínez Traba. Alternativa dos Veciños, PSOE e BNG votaron en contra. Insua recolle o bastón de mando de máns da concelleira Jenifer Suárez.
12:50– Teresa Fernández expresa o rexeitamento do BNG a esta moción de censura. «Non se dan as circunstancias que poidan xustificar esta moción de censura». Pídelle ao PP que «non apliquen o rodillo».
12:49: José Marcote(PSOE) ataca ao concelleiro tránsfuga e pregúntase se acabará liderando unha candidatura de Vox. «O que mal empeza mal acaba», díxolle o voceiro socialista á actual alcaldesa.
12:42- Tomou a palabra o concelleiro de AV, Francisco Lestón que pregunta polos argumentos da moción. “A democracia non é un xogo de cadeiras”.
12:27- Rematou Luis Insua. Fala Aurea Domínguez.
Aurea Domínguez critica ao concelleiro Martínez Traba e tamén ao PP: “Os populares non deron explicacións da motivación da moción nin do pacto co concelleiro tránsfuga. Parece que é un escuro pacto de intereses partidistas”.
12:22- Interven o candidato á alcaldía, Luis Insua Lago.
“Non foi unha decisión sinxela” asegura Insua, que lembra a vitoria do PP nas eleccións municipais e alude a situación de inestabilidade de Fisterra para xustificar esta moción. «O PP actuou sempre con responsabilidade e respecto pero a alcaldesa adicouse a difundir todo tipo de bulos». Ofrece un «proxecto común para todos os fisterráns»
12:21- A presidenta da mesa de idade, Teresa Fernández(BNG), deu lectura o informe previo da moción. E o momento das intervencións
12:05– Celébrase a sesión extraordinaria en Fisterra. Asunto: Moción de censura. Entre os asistentes, o deputado autonómico do BNG, Óscar Insua.
11:51-Representación do Partido Popular. Están presentes no pleno, o secretario provincial e portavoz na Deputación, Evaristo Ben, e a deputada autonómica, Paula Mouzo Mas e o deputado Rubén Lorenzo.

11:49- Acábase de abrir o acceso ao local onde se celebrará o pleno extraordinario. O aforo é de aproximadamente 160 butacas aínda que a afluencia será maior. Na foto, o concelleiro Martínez Traba antes da moción.

11:00 h– O mercado cultural de Fisterra acolle desde as 12,00h o pleno da moción de censura contra a mandataria Aurea Domínguez (AV) promovida por cinco concelleiros do PP e por Francisco Martínez Traba e que propoñen como candidato alternativo a Luis Insua Lago (PP)


