Piden unha regulación para as autocaravanas en Camariñas

O Partido Popular presentou unha petición no rexistro municipal e o BNG anuncia que levará o o pleno esta problemática.

Os dous grupos da oposición de Camariñas difundiron respectivos comunicados de prensa en relación coa masiva presenza de autocaravanas en Camariñas.

Paula Mouzo pide medidas inmediatas

A portavoz do Partido Popular, Paula Mouzo Mas, presentou un escrito no rexistro municipal no que empraza ao goberno local do PSOE “a tomar medidas para ordenar a presencia de autocaravanas en diferentes puntos do concello como son a zona da Area da Vila ou Arou”.

Mouzo lembra que “en momentos de excaseza de auga e do chamamento ó uso moderado por parte das autoridades locais é necesario que esta conduta responsable e solidaria sexa extensiva a todos os que nos visitan”.

Os populares piden “medidas inmediatas para dar resposta o malestar veciñal que existe e evitar a saturación deste tipo de vehículos en puntos concretos do noso territorio”.

Tamén propoñen que se elabore unha ordenanza que regule a actividade das autocaravanas no noso municipio.

Xurxo Rodríguez quere que se eviten “prácticas incívicas”

Nunha nota de prensa, o portavoz nacionalista, Xurxo Rodríguez Baña, demandou unha regulación das autocaravanas para evitar “prácticas incívicas de todo tipo”, así como estacionamentos en lugares que non están habilitados para este tipo de vehículos.

Alude a problemática do uso da auga: “Hai uns días o Concello de Camariñas rogaba á poboación a realizar un uso responsable da auga, e vemos como no noso municipio hai xente con autocaravanas que realizan prácticas totalmente contrarias ás recomendacións”.

Desde o BNG non queren que se repitan as imaxes doutros concellos. ““Levaremos a pleno esta cuestión, e agardamos que o Concello tome nota e impulse medidas para controlar posíbeis prácticas incívicas e insalubres en Camariñas” engadiu Rodríguez.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos