Homenaxe póstuma a D. José Martínez Turnes «Che do Butano»

Reproducimos a nota de prensa íntegra remitida desde o concello de Santa Comba. Simplemente engadir que o domingo terá lugar a festa coa actuación de Panorama City, Trío Alborada, discoteca móbil e unha pulpeira. Noticia aquí

A CELEBRAR O DÍA 24 DE AGOSTO DE 2025 ÁS 18 HORAS NO CAMPO DA FESTA DE VILABOA. A PEREIRA. SANTA COMBA

O vindeiro día 24 de agosto de 2025, ás 18 horas, no Campo da Festa de Vilaboa (A Pereira) celebrarase unha homenaxe póstuma ó veciño de A Pereira D. JOSÉ MARTINEZ TURNES (CHE DO BUTANO), por medio da cal o Campo da Festa de Vilaboa pasará a nomearse “PRAZA DE D. JOSÉ MARTINEZ TURNES (CHE DO BUTANO)”.

Esta iniciativa parte do equipo de goberno do Concello de Santa Comba en contacto continuo coa familia.

Debido ó inquebrantable compromiso social que este veciño sempre mostrou a través da Asociación Cultural de Veciños de A Pereira; da cal foi presidente durante 30 anos, organizando numerosas festas e verbenas da parroquia ó longo deste período.

Sendo moi querido pola veciñanza.

O seu labor filántropo traspasou o bo facer nesta Asociación, sendo tamén presidente da Comisión de Festas de Santa Comba e directivo do clube de fútbol que levou sempre no seu corazón o XALLAS FC.

Tamén colaborou noutras ocasións na organización do AUTOCROSS SANTA COMBA e en diferentes eventos sociais e actos culturais.

CHE DO BUTANO finou o día 8 de setembro de 2024, ós 65 anos de idade tras loitar contra unha grave enfermidade.

É importante salientar que tomou a testemuña do seu legado o seu fillo e man dereita D. José Martínez Sandín que continúa ó frente da Asociación de Veciños organizando a celebración das festas e verbenas parroquiais coas mesmas gañas e dedicación que o seu pai.

A súa familia (que será a encargada de convidar a amigos e achegados) solicitou á Alcaldía un acto austero e simple no que participará o rexidor xalleiro e que se prevé que non supere os 20 minutos de duración.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos