San Fins do Castro regresou con entusiasmo e devoción

San Fins do Castro (Cesullas-Cabana) volveu ser escenario dunha das romarías máis emblemáticas da comarca coa celebración da súa festa recoñecida como de Interese Turístico. Centos de persoas acudiron un ano máis a este encontro relixioso e festivo, no que o Berro Seco e o Santo da Pólvora volveron ser os actos centrais da xornada.

A celebración deu comezo cunha serie de misas e coa tradicional procesión, que deron paso ao esperado momento do Berro Seco. Este rito singular, no que os asistentes lanzan tres berros secos ao unísono, foi dirixido desde o palco polo cura de Cesullas. O acto, que evoca a forza e a unión dos antigos canteiros ao levantar pedras, continúa a ser un dos símbolos da identidade local.

Antes da festa, a devoción manifestouse tamén na Fonte Santa, situada ao pé da ermida. Desde primeiras horas da mañá, numerosos romeiros achegáronse ao manancial para lavar as mans e a cara coa súa auga, á que se lle atribúen propiedades curativas. Unha das tradicións máis arraigadas é deixar secar o pano de man ao sol tras mollalo na fonte, co convencemento de que, unha vez seco, pode curar verrugas ou mesmo a pulmoeira das vacas.

E non faltaron os romeiros e as populares merenda na contorna A sesión de tarde estivo amenizada polos grupos Maruxía e Os Enxebres, mentres que a verbena da noite correu a cargo das orquestras Alianza e Los Players.

As celebracións continuarán o sábado 2 de agosto, coa xornada dedicada á Nosa Señora dos Remedios. As dianas e alboradas correrán a cargo dos gaiteiros Maruxía. Ao longo da mañá celebraranse misas desde as 9.00 horas, destacando a misa solemne cantada pola Coral de Cesullas ás 13.00 h. A música continuará coa sesión vermú do grupo Ritmo, que tamén animará a verbena nocturna xunto ao dúo Charada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos