A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte – GDR aprobou, na sesión celebrada o pasado 30 de xullo, a proposta de selección de proxectos non produtivos presentados á convocatoria Leader PEPAC 2025-2026, enmarcada no período 2023-2027.
A entidade, presidida por Manuel Muíño, avaliou as solicitudes de axuda recibidas e acordou apoiar un total de nove iniciativas promovidas por concellos da comarca, cun investimento global de 166.020,32 euros, dos cales 112.807,84 serán achegados en forma de axuda.
Entre os proxectos públicos seleccionados figuran a creación ou mellora de portais web municipais nos concellos de Coristanco, Zas e Cee, así como o desenvolvemento dunha aplicación para a xestión de actividades culturais e deportivas na Laracha. Tamén se inclúe a posta en marcha dunha aula audiovisual en Olveira (Dumbría), un centro de envellecemento activo en Orbellido (Vimianzo), e a rehabilitación de fontes e lavadoiro en Laxe. Ademais, contempláronse melloras nas infraestruturas culturais en Corcoesto (Cabana) e na Casa da Cultura de Corcubión.
No ámbito privado, aprobouse o proxecto da Asociación Cultural Progreso para acondicionar o local do teleclub de Buño como espazo de inclusión, co obxectivo de combater a soidade non desexada no medio rural. Esta actuación conta cun orzamento de 73.948,79 euros e recibirá unha axuda de 38.000 euros.
Pola contra, dous proxectos públicos quedaron en lista de agarda por falta de fondos: a rehabilitación dun muro na Casa do Concello de Fisterra e a proposta “Pan de Carballo, produto artesán”, impulsada polo Concello de Carballo.
A relación de propostas foi remitida á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), que deberá emitir agora as resolucións definitivas para cada unha das entidades promotoras.
Finalmente, durante a xuntanza tamén se presentou a listaxe de proxectos produtivos que concorren á mesma convocatoria. Estes expedientes, xa revisados polo equipo técnico do GDR, foron enviados a AGADER para a súa validación e quedarán pendentes de aprobación definitiva por parte da Xunta Directiva unha vez recibidas as verificacións correspondentes.
Proxectos non produtivos públicos aprobados
- Deseño e desenvolvemento da nova web do Concello de Coristanco
· Promotor: Concello de Coristanco
· Investimento: 10.587,50 €
· Axuda proposta: 8.512,35 € - Nova web do Concello de Zas
· Promotor: Concello de Zas
· Investimento: 15.004,00 €
· Axuda proposta: 10.000,00 € - Aula Audiovisual Dixital en Olveira (Dumbría)
· Promotor: Concello de Dumbría
· Investimento: 17.908,00 €
· Axuda proposta: 14.254,77 € - Centro de Envellecemento Activo e Saudable en Orbellido (Vimianzo)
· Promotor: Concello de Vimianzo
· Investimento: 25.842,45 €
· Axuda proposta: 19.847,00 € - Acondicionamento interior para aula de formación en Corcoesto (Cabana de Bergantiños)
· Promotor: Concello de Cabana de Bergantiños
· Investimento: 27.723,23 €
· Axuda proposta: 20.736,98 € - Portal web do Concello de Cee
· Promotor: Concello de Cee
· Investimento: 12.100,00 €
· Axuda proposta: 8.857,20 € - Adaptación do salón de actos da Casa da Cultura de Corcubión para congresos e actividades
· Promotor: Concello de Corcubión
· Investimento: 18.016,90 €
· Axuda proposta: 13.116,30 € - Aplicación informática para xestión de servizos e actividades municipais (Laracha)
· Promotor: Concello da Laracha
· Investimento: 23.232,00 €
· Axuda proposta: 10.000,00 € - Rehabilitación e recuperación das fontes e lavadoiro do Bieiteiro (Laxe)
· Promotor: Concello de Laxe
· Investimento: 15.606,24 €
· Axuda proposta: 7.483,24 €
Proxecto privado aprobado
Tamén se aprobou un proxecto non produtivo de carácter privado:
- Acondicionamento do teleclub de Buño como centro de inclusión para combater a soidade non desexada (programa Acompáña-te no rural)
· Promotor: Asociación Cultural Progreso
· Investimento: 73.948,79 €
· Axuda proposta: 38.000,00 €
foto de arquivo
