O Partido Galego pide melloras na estrada Carballo–Razo

O representante do Partido Galego no Concello de Carballo, José Luís Bardanca Rojo, presentou unha moción na que solicita ao Goberno municipal que inste á Deputación da Coruña a acometer con urxencia a limpeza da estrada DP-1902, que conecta o núcleo urbano co núcleo costeiro de Razo. A formación propón que, de non asumir o ente provincial esta tarefa, o Concello asuma a limpeza cun acordo que permita repercutir os custes á Deputación coruñesa.

Na mesma proposta, o Partido Galego demanda a elaboración dun proxecto para a construción dunha senda peonil e un carril bici ao longo deste traxecto, co obxectivo de incluílo como obra prioritaria nun plan de actuacións da Deputación ou nun plan municipal específico.

Tamén se solicita a instalación de alumeado público en toda a vía entre Carballo e Razo, co fin de garantir a seguridade das persoas usuarias da futura senda peonil e do carril bici.

Desde o Partido Galego sinalan que estas actuacións foron recollidas en diferentes programas electorais do BNG nos últimos anos, mais aseguran que «nin se cumpriron nin se prevé que se leven a cabo», polo que reclaman unha resposta inmediata por parte do Goberno local.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos