Un incendio afecta a dous barcos no porto de Brens

Os barcos son o Novo Viana, que resultou totalmente calcinado e o Apóstol, coa proa afectada polas lapas. As dúas embarcacións son de Camariñas.

Un pesqueiro ardeu por completo esta madrugada no porto de Brens, en Cee, e as lapas alcanzaron tamén a unha segunda embarcación, que resultou parcialmente afectada.

O 112 Galicia tivo coñecemento do incendio arredor das 04:00 horas, tras recibir a chamada dun particular que alertaba de que un barco estaba ardendo no peirao. Segundo indicou, cría que non había ninguén no interior da embarcación.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da zona.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencia confirmaron que o lume tamén estaba afectando a unha segunda embarcación próxima. As dúas estaban amarradas moi preto, o que facilitou a propagación das lapas.

As tarefas de extinción prolongáronse durante varias horas debido á elevada presenza de materiais como fibra e plástico, así como ao forte vento que dificultaba os traballos e reavivaba puntualmente o lume.

Finalmente, a primeira embarcación resultou calcinada por completo, mentres que a segunda sufriu danos na proa. O incendio está xa completamente extinguido e ambas embarcacións seguen a flote.

Os barcos son o Novo Viana, que resultou totalmente calcinado e o Apóstol, coa proa afectada polas lapas. As dúas embarcacións son de Camariñas.

Información e fotografías -AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos