Insultan a unha guía do Dolmen de Dombate por falar galego: a Deputación amosa tolerancia cero

A Deputación da Coruña saíu ao paso dunha denuncia feita nas redes por unha guía do dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, que asegura ter sido insultada e agarrada por parte duns turistas polo feito de empregar o galego durante unha visita guiada.

A profesional, de nome Iria, relatou que foi “avasallada” por uns turistas de Valladolid por realizar o seu labor na lingua propia de Galicia, e agradeceu o apoio recibido por parte doutras persoas presentes no lugar.

Os feitos xeraron unha ampla reacción social, con milleiros de visualizacións e moitas mensaxes de solidariedade. A institución provincial, responsable da xestión deste enclave patrimonial manifestou nun comunicado a súa “tolerancia cero” ante este tipo de condutas e reafirmou o seu compromiso coa promoción da lingua galega en todos os espazos públicos da súa titularidade.

A Deputación lembra que o uso do galego está amparado pola Lei de normalización lingüística e polo recente Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que reforza a súa presenza en ámbitos como o turismo e a interpretación do patrimonio. “A nosa lingua é parte esencial da nosa identidade e unha ferramenta fundamental para garantir unha experiencia cultural auténtica”, subliñan desde a institución.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos