O BNG propón limitar o estacionamento para non residentes en dúas rúas peonalizadas de Vimianzo

O BNG de Vimianzo vén de propoñer que se limite o tempo máximo de estacionamento de vehículos de persoas non residentes nas rúas Castelao e Antonio Vázquez Mouzo, recentemente peonalizadas. Así mesmo, tamén solicita que se reserve unha praza de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e outra para carga e descarga.

Os nacionalistas indican que “durante a noite e as xornadas festivas existen moitas prazas libres, mais nas xornadas laborais, e principalmente no horario de mañá, é moi difícil atopar lugares de aparcamento, ademais de observar moi pouca rotación de vehículos estacionados”.

“Unha situación que está a repercutir negativamente nos establecementos da zona, polo que propomos un tempo máximo de estacionamento de unha hora e media para os non residentes”, sinalaron desde o BNG vimiancés.

Por outra banda, a formación tamén manifestou a súa preocupación pola inseguridade para os peóns en varios puntos do concello, concretamente no traxecto entre Torelo e Santa Irene, ao longo da AC-552, e na saída de Baíñas en dirección a Olveira. Por iso, o grupo municipal presentará unha moción no vindeiro pleno para buscar o consenso da Corporación e instar ás administracións competentes á construción de beirarrúas.

Foto- Benxamín Queiro e Lorena Suárez- concelleiros

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos