A oposición rexeita o plan de recuperación do espazo público en Corcubión e o BNG insiste que seguirá adiante

A oposición do Concello de Corcubión aprobou por maioría no pleno celebrado este venres unha moción presentada polo grupo municipal socialista que solicita a retirada do proxecto de recuperación do espazo público e mellora da seguridade viaria impulsado polo goberno local do BNG. A moción contou co apoio dos grupos do PP e Sempre Corcubión.

Segundo explicou o PSOE, o plan presentado polo executivo municipal non responde aos obxectivos dunha verdadeira humanización, non elimina o tráfico do centro, non soluciona os problemas de aparcadoiro para os residentes das rúas afectadas e, ademais, carece de soporte legal, ao non estar recollido nunha ordenanza que o regule.

Reacción do goberno do BNG de Corcubión

Pola súa banda, desde o equipo de goberno do BNG lamentaron que os grupos da oposición se unisen para frear unha proposta que consideran necesaria para avanzar cara a un modelo urbano máis centrado nas persoas. O alcalde, Xabier Domínguez, defendeu que se trata dun proxecto incluído no programa electoral co que o BNG se presentou ás eleccións municipais de 2023, e que a súa intención é dar resposta ás demandas veciñais de mellora da mobilidade e reorganización do espazo público na zona da praza Castelao.

Domínguez indicou que a proposta contempla prazas para residentes e que se aplicará de forma temporal mediante resolución da alcaldía, ao contar con asesoramento técnico e xurídico que garante o seu encaixe normativo. “Percibimos un apoio maioritario da veciñanza, aínda que sabemos que toda mudanza xera inicialmente reticencias”, sinalou.

O BNG tamén criticou o que considera unha falta de alternativas por parte dos grupos da oposición, e lembrou que o PSOE gobernou durante vinte anos sen promover ningunha iniciativa similar. “Uníronse agora ao PP para rexeitar unha proposta que busca priorizar ás persoas fronte aos vehículos”, afirmaron desde o executivo.

A moción foi aprobada, mais o goberno local mantén a súa intención de seguir adiante co plan de xeito progresivo e revisable, aplicando as medidas previstas dentro das competencias municipais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos