Volveron a asaltar o Castelo de Vimianzo. Despois de saborear os Pinchos Irmandiños e gozar de Cea Medieval e dun sábado completo de actividades, os rebeldes irmandiños entraron na fortaleza soneirana co berro de “Lume”.
Un evento declarado Festa de Interese Turístico Galego que segue tendo carácter multitudinario, todo ben controlado desde a asociación Cherinkas e Axvalso co firme apoio do concello de Vimianzo, coa propia alcaldesa, Mónica Rodríguez, entre a comitiva irmandiña.
Este ano o pregón correspondeu a Festa da Carballeira de Zas, outro evento con nome propio e moito magnetisno na zona e en Galicia.
Milleiros de persoas non quixeron perderse a cita. Xa na noite decisiva, Alana e The Rapants foron os precursores do momento da efervescencia rebelde.
Despois continuou a música con Herdeiros da Crus, Firkin e a Mekánica Rolling Band.Un ano máis de éxito rotundo, dun cita que conecta coa historia e que logra converter a Vimianzo nun epicentro festivo e cultural. E non só durante unha noite.




