O PSOE de Muxía critica a xestión do campamento de verán e pide correccións

O Grupo Municipal Socialista de Muxía informa que está a recibir numerosas queixas de familias usuarias do campamento de conciliación organizado polo Concello este verán.

Segundo sinalan, os pais e nais denuncian irregularidades na xestión do proceso de admisión e mostran malestar co desenvolvemento do programa Concilia.

O portavoz socialista, Iago Toba, asegura que estas protestas repiten situacións similares xa detectadas, segundo el, en anteriores convocatorias do programa durante Nadal, Entroido e Semana Santa.

Presentación dun escrito

O grupo socialista anuncia que presentará un escrito no Rexistro Municipal solicitando información detallada sobre os criterios de selección e propoñendo a ampliación das prazas para atender todas as solicitudes.

Desde o PSOE tamén se critica o papel da actual responsable da área, Aurelia Picallo (Independientes por Muxía), da que din que non está dando resposta ás familias afectadas. Ademais, cuestionan o apoio do BNG ao actual executivo, acusándoo de non posicionarse ante as queixas recibidas e de actuar como “cómplice” da situación.

Os socialistas indican que, durante o seu mandato anterior, todas as solicitudes de praza foron atendidas segundo as preferencias familiares, e aseguran que seguirán canalizando as reclamacións que as familias decidan presentar.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos