Jesús Picallo: “A Costa da Morte ofrece un espectáculo paisaxístico cambiante”

Na recente entrevista concedida a Radio Xallas, o presidente da asociación Solpor, Jesús Picallo, abordou diversos aspectos relacionados coa situación turística da Costa da Morte, destacando as súas perspectivas sobre o perfil dos visitantes, o traballo da súa entidade e os retos do sector.

Camiño de Santiago pola Costa da Morte

Picallo explicou que o turismo na zona está a evolucionar, cunha maior presenza de turistas que chegan con rutas predefinidas, especialmente aquelas que percorren o itinerario que vai desde a Cascada do Ézaro ata Fisterra, pasando por Muros. “Cada vez a xente ven máis con coas rutas premarcadas, precisadas… pero logo tamén hai aquel turista que ven a ver que se encontra, a vivir a experiencia dun día de calor, de choiva ou un día de vento”, comentou.


A promoción do Camiño de Santiago pola Costa da Morte é unha das prioridades de Solpor. Picallo destacou que a entidade reparte aproximadamente 30.000 credenciais gratuítas facilitadas pola Deputación da Coruña, unha iniciativa moi solicitada, incluso desde o estranxeiro, onde os peregrinos solicitan as credenciais antes de iniciar a ruta. Ademais, a asociación ofrece mapas explicativos con códigos QR e outras ferramentas tecnolóxicas para facilitar a información aos visitantes.


Jesús Picallo tamén subliñou a importancia da presenza informativa en puntos clave, como as oficinas de turismo de Santiago e o aeroporto, onde se facilita información sobre o Camiño da Costa da Morte a milleiros de peregrinos. Un aspecto que resaltou foi o modelo de colaboración público-privada no que participa Solpor, a través de Clúster de Turismo, que contribúe a potenciar o destino.

Desestacionalización do turismo na Costa da Morte


Neste sentido, destacou a oferta de turismo rural, os aloxamentos con encanto e a calidade da gastronomía local, que reforzan o atractivo da zona. Respecto á desestacionalización, Picallo indicou que aínda que a maior actividade turística concéntrase nos meses de verán, a combinación do Camiño, as rutas naturais, as festas e o turismo de temporais está a axudar a ampliar a demanda ao longo de todo o ano.

Subliñou que a Costa da Morte ofrece “un espectáculo paisaxístico cambiante constantemente”, con fenómenos como atardeceres, postas de sol e o astroturismo que teñen unha gran aceptación nas redes sociais.

Profesionalización do sector


No que atinxe aos retos, o presidente de Solpor destacou a necesidade de seguir apostando pola formación e profesionalización do sector para garantir a calidade dos servizos. Ademais, fixo fincapé na problemática da falta de man de obra e na adaptación dos horarios laborais para facer os negocios máis sostibles.


Finalmente, Picallo falou sobre as dificultades que a nova normativa de rexistro de viaxeiros está a ocasionar nos pequenos establecementos e microautónomos, indicando que esta regulación “xa xera bastantes problemas” e non está adaptada á realidade dos negocios máis pequenos.


Concluíu mostrando optimismo respecto ao futuro do turismo na zona, confiando en que a Costa da Morte continuará medrando e consolidándose como un destino competitivo e de calidade.

Entrevista a Jesús Picallo en Radio Xallas- Desde o minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos