30.6 C
Santa Comba
miércoles, julio 16, 2025

Besteiro acusa á Xunta de discriminar á Costa da Morte e anuncia máis presión institucional

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este mércores en Vimianzo que o seu partido “redobrará a ofensiva” nas institucións para reclamar a continuidade da autovía da Costa da Morte ata Cee. Así o manifestou durante unha visita ao punto no que remata actualmente a infraestrutura, acompañado por representantes socialistas de varios concellos da comarca.

Besteiro criticou que tanto no Parlamento galego como na Deputación da Coruña o PP votase en contra das iniciativas presentadas polo PSdeG para avanzar na ampliación da vía. “Votaron en contra de todas as nosas propostas”, afirmou, ao tempo que cualificou de “decepcionantes e preocupantes” as respostas ofrecidas polo Partido Popular na última semana.

Segundo indicou, a autovía proxectada durante o goberno bipartito tiña unha lonxitude de 45 quilómetros, mentres que o actual trazado se reduciu a 25 quilómetros, o que representa unha diminución do 35 %. A pesar deste recorte, afirmou que o orzamento incrementouse nun 68 % respecto ao proxecto inicial. “Fixeron menos e custou máis”, indicou.

Infraestrutura completa e sen peaxes

Durante a visita, na que estivo acompañado polas alcaldesas de Vimianzo, Cee e Camariñas, así como polos alcaldes de Dumbría e Carnota e outros representantes locais e do PSdeG, reclamouse unha infraestrutura “completa e sen peaxes” que se estenda ata Cee e sexa gratuíta tamén no tramo entre Carballo e A Coruña.

Besteiro considerou que os anuncios realizados pola Xunta sobre o tramo pendente constitúen “un parche”, xa que se trata dun treito de 5,5 quilómetros, sen dobre calzada, sen calendario definido e que non alcanza Berdoias.

O líder socialista tamén reivindicou a supresión das peaxes na AG-55, en liña coas demandas que, segundo sinalou, o PP realiza en Madrid noutras infraestruturas. Neste sentido, apuntou que o Goberno central aplica bonificacións de ata o 75 % nas peaxes da AP-9 e AP-53 para usuarios recorrentes, mentres que a Xunta, afirmou, “regalou 300 millóns de euros ás concesionarias de autovías que xa eran gratuítas”.

Valoracións sobre o novo secretario xeral do PP

A preguntas dos medios, Besteiro referiuse tamén aos cambios anunciados na dirección do Partido Popular, e cualificou a designación de Miguel Tellado como novo secretario xeral como “propia dun hooligan”. Considerou que esa decisión “non será boa para España” e resultará “contraditoria co que o Partido Popular di defender aquí en Galicia”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos