Berdeogas acolle unha nova edición da Festa da Familia

Na Carballeira de Berdeogas, coñecida como a “Devesa da Lúa”, celebrarase o vindeiro 20 de xullo un evento que para o alcalde de Dumbría, Raúl González Lado é “a cita máis importante do ano”, a XXIII Festa da Familia.

E certamente estamos diante dun evento moi entrañable, divertido e multitudinario, nunha contorna idílica.

Haberá un Xantar na Carballeira (pódese reservar a mesa no concello de Dumbría ata o 16 de xullo), e estará presente a Pulpería Alejandra Salinas para vender racións de polbo, churrasco, criollos,etc..

A Orquesta Galilea ofrecerá a sesión vermú, e o grupo de gaitas da asociación cultural Longarela e a charanga O Rumbo animarán unha velada na que non faltarán os xogos tradicionais.

E a partir das 18,00, A orquesta Galilea volverá a actuar acompañada por Cuarta Calle. Dúas formacións que seguramente ofrecerán unha boa tarde verbeneira.

A Orquesta Cuarta Calle conta co coñecido artista Jorge Ferre. Tamén coñecido neste mundiño é Richard Blanco de Galilea, que pasou por diferentes orquestas de Galicia.

Boas referencias musicais para “unha festa moi querida especial polo que representa, onde as presentacións sobran, xa que o espírito desta gran romaría familiar, levámolo no noso corazón coma a nosa identidade”, como sinala o alcalde dumbriés nunha carta ós veciños.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos