8.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 5, 2026

Fisterra Experience con Baiuca, Mondra e Helena Egea

Fisterra acollerá esta fin de semana a segunda edición do Fisterra Experience, unha proposta cultural que mestura música, paisaxe e identidade local co apoio do programa Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia. A cita desenvolverase os días 27, 28 e 29 de xuño e reunirá unha selección de artistas galegos e novos talentos nun marco sostible e singular.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou este mércores o evento e destacou que “se dá cobertura a unha cita que aposta pola proximidade, a nosa paisaxe e a posta en valor do novo talento musical galego, aberto a xéneros e sons atractivos e diversos”.

O Fisterra Experience 2025 pretende ir máis alá dun festival convencional. A súa filosofía céntrase na creación de experiencias próximas, que conecten coa natureza e co público desde unha ollada comunitaria. A música convértese así en fío condutor dunha proposta cultural que busca destacar o potencial artístico da vila e do seu territorio.

No cartel deste ano figuran artistas como Baiuca, Mondra, Helena Egea, Sabela & The Heartbreakers, A Pedreira ou Andhrea & The Black Cats, entre outros nomes relevantes da escena galega actual. A programación abrangue estilos como a música electrónica, o soul, o pop, o jazz ou as novas correntes da música tradicional.

A cita insírese no marco dos Concertos do Xacobeo, o programa promovido pola Xunta que engloba máis de 120 festivais e ciclos por toda Galicia. Só na provincia da Coruña están previstos máis de 50 eventos musicais, consolidando a comunidade como destino de referencia para festivais e propostas artísticas durante o verán.

O Fisterra Experience, como apuntou Merelles, contribúe á dinamización do turismo e da economía local, ao tempo que promove un modelo de evento sostible e con identidade, no que participan tamén asociacións, hostalería e comercio da zona. O programa completo de actividades pode consultarse en www.concertosdoxacobeo.gal.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos