15.9 C
Santa Comba
jueves, julio 17, 2025

Unha persoa perdeu a vida nunha colisión entre un coche e un tráiler en Santa Comba

A copiloto do turismo foi ferida leve. O 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 11:20 horas desta mañá. Segundo o particular que empregou o número único de emerxencias, un tráiler e un coche 4X4 colidiran no quilómetro 49 da AC-400, ao seu paso pola parroquia de Vilamaior.

Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil de Tráfico e do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Os medios desprazados confirmaron que o condutor do turismo perdera a vida, ademais de que tivera que ser excarcerado. A copiloto do turismo foi ferida leve, mentres que o condutor do tráiler saíu ileso do accidente.

INFORMACIÓN DE AXEGA 112

FOTO CONSORCIO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos