16.4 C
Santa Comba
jueves, julio 17, 2025

Bombeiros limpan manchas de aceite en Fontecada e Alborés

Limpan unha mancha de aceite nunha estrada paralela á AC-546, ao seu paso Fontecada, no concello de Santa Comba

Os bombeiros do parque provincial de Santa Comba participaron este mediodía na limpeza da estrada paralela á AC-546, concretamente no punto quilométrico 13, no lugar de Fontecada, no concello de Santa Comba, por unha mancha de aceite.

Foi o 112 quen deu o aviso ás 12:48 horas indicando que o vertido, duns 50 metros de lonxitude, procedía dun camión que sufrira unha avaría.

Xa no lugar dos feitos, os bombeiros procederon á sulfatar a área con dispersante e aplicar auga a presión.

Limpeza de estrada na parroquia de Alborés, no concello de Mazaricos

Os bombeiros do parque provincial de Santa Comba tamén foron requiridos esta madrugada por unha limpeza de estrada na parroquia de Alborés, concretamente na estrada que vai desde a AC-400 ata o lugar de Alborés, no concello de Mazaricos.

O aviso produciuse ás 02:28 horas por parte do 112, indicando que no punto mencionado anteriormente había unha mancha pequena de aceite con restos de cristais tras un accidente no que se viu implicado un vehículo. Á chegada dos bombeiros ao lugar, o vehículo xa o levara a grúa polo que procederon ós labores de limpeza.

Información e fotos- Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña

Fotos- Actuación en Fontecada

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos