16.4 C
Santa Comba
jueves, julio 17, 2025

Besteiro: “É urxente ampliar o polígono de Bértoa e mellorar as comunicacións viarias”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, solicitou á Xunta que atenda as demandas das áreas empresariais, especialmente no que respecta ao solo industrial e ás conexións viarias e de transporte. Tras unha visita ao polígono de Bértoa, en Carballo, recolleu as principais preocupacións do tecido empresarial, que reclama máis espazo para medrar e mellores infraestruturas.

Besteiro sinalou como prioridade a ampliación da superficie industrial, que pasaría de 1,3 a 1,8 millóns de metros cadrados, ante a falta de parcelas dispoñibles. Advertiu de que esta situación dificulta a expansión das empresas existentes, a chegada de novos proxectos e a creación de emprego.

Demandas de Besteiro

O responsable socialista reclamou tamén a construción da circunvalación de Carballo e a incorporación do polígono á Rede de Transporte Público de Galicia, lembrando que o 60 % das persoas traballadoras acceden actualmente en vehículo privado. Tamén criticou a falta de bonificacións nas peaxes da AG-55, comparando a situación coa AP-9 e a AP-53.

Besteiro defendeu que unha industria forte e innovadora é clave para o crecemento económico e o emprego, e reiterou que o obxectivo do PSdeG é que o sector industrial acade o 20 % do PIB galego. “Necesitamos unha Xunta comprometida co desenvolvemento de zonas industriais coma esta”, concluíu.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos