17.5 C
Santa Comba
jueves, julio 17, 2025

O concello de Corcubión reclama ao Estado garantías para manter o servizo de Correos

O equipo de goberno de Corcubión, liderado polo BNG, vén de impulsar unha iniciativa para garantir o mantemento e a mellora do servizo de Correos na vila. A proposta canalizouse a través do deputado nacionalista Néstor Rego, quen rexistrou unha serie de preguntas no Congreso dirixidas ao Goberno central, solicitando información sobre os plans para o edificio que alberga as oficinas postais.

Segundo indica o executivo local, o inmoble —situado na praza principal da vila— foi construído sobre un terreo cedido gratuitamente polo Concello no ano 1966 á entón Caixa Postal, co obxectivo de prestar servizos postais e bancarios á veciñanza. Porén, denuncian que o mantemento da oficina podería verse ameazado, tras comunicarlle representantes de Correos ao Concello a súa intención de vender o edificio e avanzar cara ao desmantelamento do servizo.

Desde o goberno local lembran que, segundo as condicións da cesión, se a actividade deixa de prestarse, o edificio debería reverter á administración municipal. O Concello anuncia que defenderá este dereito ante Correos e ante as distintas administracións competentes.

Piden máis horario de atención ó público

Ademais, o executivo critica a redución progresiva do horario de atención ao público, limitado actualmente ás mañás de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, o que consideran insuficiente para a cidadanía. Por iso, solicitan a ampliación do horario, incluíndo atención polas tardes e os sábados pola mañá.

O goberno municipal tamén cuestiona a política do PSOE respecto aos servizos públicos nas zonas rurais, acusando ao executivo estatal de promover recortes mentres afirma defender a chamada “España baleira”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos