O Concello de Muxía anunciou unha batería de obras por un importe superior aos 660.000 euros. As actuacións realizaranse en varias parroquias do municipio e inclúen melloras no saneamento, pavimentación de pistas, acondicionamento de espazos públicos, instalacións deportivas e rehabilitación de elementos patrimoniais.
O financiamento procede de fondos como o POS e subvencións da Xunta. O alcalde, Javier Sar, subliñou que o obxectivo é responder ás necesidades da veciñanza, especialmente no rural. A tenente de alcalde, Sandra Vilela, destacou que estas obras reforzan servizos básicos e melloran a calidade de vida diaria.
Estas son as actuacións previstas
Pavimentación da pista AC-440 en Cebráns – 56.883,29 €
Construción dunha pista polideportiva en Quintáns – 45.054,43 €
Mellora da pista de Cebráns a Añobres – 171.311,66 €
Obras de mellora de viais e saneamento en Frixe – 154.258,70 €
Acondicionamento da pista de Xurarantes á Fonte do Bico – 23.328,80 €
Renovación do pavimento da senda peonil en Lago – 32.613,33 €
Rehabilitación do lavadero de Vilamaior – 21.400,84 €
Camiños interiores de Merexo – 159.020,34 €