28.4 C
Santa Comba
lunes, junio 23, 2025

Luz verde a prolongación da Autovía da Costa da Morte

O Consello da Xunta deu luz verde ao proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte no tramo comprendido entre Santa Irena, no concello de Vimianzo, e a estrada AC-432. O investimento previsto é de 36,4 millóns de euros.

A previsión do Goberno galego é someter a actualización do proxecto a información pública ao longo deste mes, co obxectivo de aprobalo de forma definitiva en setembro e licitar as obras antes de final de ano.

Segundo a Xunta, este novo tramo dará continuidade á infraestrutura aberta en 2016, que conecta Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo ao longo de 28 quilómetros libres de peaxe. A autovía mellorou a mobilidade e a seguridade viaria na zona, con máis de 6.000 vehículos circulando a diario.

A prolongación terá unha lonxitude de 5,5 quilómetros, ata a intersección coa AC-432, que enlaza Vimianzo e Camariñas. Parte do trazado xa conta con movementos de terra executados en fases anteriores.

O proxecto inclúe a construción de dous enlaces —con previsión dun terceiro—, tres viadutos, seis pasos superiores, tres inferiores e seis obras de drenaxe. Entre as actuacións máis destacadas está o viaduto sobre o río Vimianzo, entre os puntos quilométricos 7+005 e 7+249.

Segundo a Xunta, esta obra enmárcase no compromiso de mellorar a conectividade e vertebración territorial de Galicia, apostando por unha mobilidade máis eficaz e sostible.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos