28.4 C
Santa Comba
lunes, junio 23, 2025

Licitan o edificio interxeracional larachés

O Concello da Laracha vén de sacar a licitación a execución do proxecto dirixido a reformar integralmente o edificio de Servizos Múltiples para transformalo nunha instalación moderna que sexa multifuncional, inclusiva e atractiva para persoas de todas as idades e que será denominada Edificio Interxeracional, xa que se fará mediante unha intervención arquitectónica e social enfocada a crear espazos nos que poidan convivir cidadáns de xeracións distintas (nenos, mozos, adultos e persoas maiores) para fomentar a interacción, o apoio mutuo e o sentido de comunidade.


O inmoble, situado na céntrica Avenida López Astray da capital municipal, consta de soto, planta baixa e tres plantas. O proxecto prevé unha redistribución dos espazos para optimizalos, incrementar as superficies e favorecer a accesibilidade para persoas que presenten dificultades físicas ou cognitivas.


As principais novidades serán a creación de aulas dixitais nas que ofrecer á cidadanía novas oportunidades formativas e de ocio e espazos dirixidos especificamente a acoller actividades xuvenís de diversa índole.


Gran parte do investimento irá dirixido a medidas relacionadas coa eficiencia enerxética, tales como a renovación da envolvente e dos sistemas de calefacción e ventilación. O Edificio Interxeracional tamén será dotado cun sistema de captación de enerxía solar fotovoltaica para o autoconsumo eléctrico.


O orzamento máximo de licitación é de 1.090.098,05 euros. A intervención será financiada polo Instituto para la Transición Justa ao abeiro da convocatoria de axudas dirixidas a proxectos e infraestruturas ambientais, sociais e dixitais no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia a financiar cos fondos europeos Next Generation. As empresas interesadas en concorrer ao procedemento de contratación teñen de prazo ata o día 23 de xuño para presentar ofertas.


O Concello valora a futura creación do Edificio Interxeracional como unha iniciativa de alto valor e relevancia desde os puntos de vista social e urbanístico, xa que polo seu emprazamento céntrico e características, o novo equipamento público será un punto de referencia para a cidadanía e beneficiará ao conxunto da poboación larachesa ao xerar un impacto positivo no benestar e no desenvolvemento de persoas de todas as idades.

NOTA DE PRENSA CONCELLO DA LARACHA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos