8.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 5, 2026

Traballadoras do SAF de Santa Comba denuncian falta de diálogo

En Santa Comba, as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar denuncian a falta de resposta do alcalde xalleiro ás súas peticións para manter reunións nas que tratar cuestións laborais pendentes, segundo unha nota de prensa remitida a este xornal.

Entre os temas que reclaman abordar están a Relación de Postos de Traballo e aspectos como a xornada, os descansos, o recoñecemento da antigüidade ou a compensación polo traballo en fins de semana e festivos.

Segundo o persoal, algunhas traballadoras non están a percibir os trienios correspondentes malia telos solicitado, e aseguran que están a empregar os seus teléfonos persoais para tarefas laborais sen acordo previo, incluída a xeolocalización.

A representación legal das traballadoras presentou varias denuncias ante a Inspección de Traballo para que se investiguen estes feitos.

A CIG, sindicato que apoia as reclamacións, critica que non se produza ningunha reunión coa alcaldía, tal e como veñen solicitando, para tratar estas cuestións, e lembra que o SAF é un servizo esencial na atención domiciliaria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos