Castriz honra a San Pedro e Arantón a San Antonio

Arantón celebrará as súas festas na honra a San Antonio os días 12 e 13 de xuño. O xoves 12 haberá pan da pitanza desde as 17:00 h, misa solemne pola tarde e un serán amenizado con música tradicional de gaitas.

O venres 13 continuarase coa repartición do pan en horario de mañá (9:30 a 14:00 h) e pola tarde desde as 16:30 h. Celebraranse misas ás 9:30 h, 11:00 h e a misa solemne do mediodía. A sesión vermú e a verbena estarán amenizadas polo Dúo Élite.

Festas de Castriz 2025 – San Pedro

As Festas de San Pedro en Castriz celebraranse os días 28 e 29 de xuño. O sábado 28 haberá misa ás 12:00 h e solemne ás 13:00 h na honra ó Santísimo Sacramento, seguida dunha sesión vermú co grupo de gaitas Os Garuleiros e a actuación do Dúo Ciclón.

O domingo 29 celebrarase a misa solemne ás 13:00 h na honra a San Pedro. A sesión vermú contará coa música tradicional do grupo de gaitas Bazar e a actuación de Xilo e Carlos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos