Santa Comba volve converterse nun atractivo destino gastronómico coa celebración da décimo sexta edición da súa Ruta das Tapas, que terá lugar do 6 ao 15 de xuño de 2025.
Durante dúas fins de semana consecutivas, veciñanza e visitantes poderán gozar dunha selección de tapas elaboradas en oito establecementos hostaleiros da localidade, ofrecidas ao prezo popular de 2 euros por unidade.
Horarios da XVI Ruta das Tapas
O evento desenvolverase os días 6, 7, 8, 13, 14 e 15 de xuño, nos horarios establecidos de 12:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 23:00 horas, exclusivamente os venres, sábados e domingos. Cada tapa poderá degustarse cunha consumición e, como en anteriores edicións, o público poderá participar no sorteo de premios a través do tradicional “pasaporte” da ruta.
Premios para os tapeadores
Estes deberán estar cubertos cos selos de todos os locais participantes e ser depositados nas urnas habilitadas. Entre os pasaportes completos sortearanse vales para consumir nos establecementos que obteñan os tres primeiros premios outorgados polo público: 100 euros para o primeiro, 75 para o segundo e 50 para o terceiro clasificado.
Participan oito establecementos de Santa Comba
Os locais participantes desta edición son: As Maripepas, Café Bar A Nosa Vila, Cafetería Rafael, Cervexería D’Mara, Hotel Xallas, Restaurante Cervantes, Restaurante Tío Paco e Talladas Gastrobar. Cada un deles presentará unha proposta diferente, ofrecendo unha oportunidade única para descubrir a creatividade e calidade culinaria da zona.
Organizada pola Asociación de Empresarios de Santa Comba, coa colaboración do Concello e a Deputación da Coruña, esta iniciativa pretende dinamizar a economía local e promover a gastronomía como atractivo turístico.
O lema “Santa Comba de tapa en tapa” sintetiza o espírito desta ruta que xa se consolidou como unha cita imprescindible no calendario gastronómico da comarca.
