Os servizos de conciliación, a Escola Infantil, o Barrié e o PXOM centran o debate no pleno xalleiro

O pleno de Santa Comba deu conta da “renuncia irrevogable” do edil popular Juan José López Muñoz ao que o alcalde Alberto Romar definiu como “unha persoa de consenso” e agradeceu a súa labor como tamén fixo a popular María Pose, que valorou “a aportación que fixo nestes dous anos”.

Regulamento da Escola Infantil e “subvención envenenada”

Na sesión tamén se aprobaron correccións en varios proxectos de obras e, por unanimidade, o regulamento de réxime interno da Escola Infantil municipal, que incorpora varias novidades que foron detalladas pola concelleira Estefanía Calvelo(PSOE).

María Pose(PP) denunciou que se renunciara a unha subvención da Xunta de 213.000 euros para a ampliación desta escola.

Unha “subvención envenenada” segundo palabras de Romar, que aclarou que nin a situación económica nese momento nin os prazos previstos posibilitaban acceder a esa achega.

Por unanimidade aprobouse a incorporación o Inventario de Bens municipal do Kiosko do Campo da Feira.

Servizos de conciliación

Cos seus votos e a oposición do PP, o goberno sacou adiante os novos prezos públicos para os servizos de conciliación (Nadal Lúdico ou Verán Lúdico). Estefanía Calvelo explicou que é unha “actualización” necesaria que recolle exencións e bonificacións, e uns “prezos similares” ós que están vixentes en concellos como A Baña ou Negreira.“Pagarán máis polo mesmo servizo” criticaron desde o PP en desacordo coa suba de 30 a 50 euros.

O PP pregunta ao goberno do PSOE

Na quenda de rogos e preguntas, María Pose preguntou pola modificación do PXOM, a RPT “que aínda non empezou”, trasladou un suposto malestar nos traballadores e nos representantes sindicais e felicitou ós efectivos de Protección Civil por un recoñecemento anunciado desde a Xunta.

Tamén defendeu as súas xestións para a consecución de melloras do CEIP Barrié de la Maza e acusou o alcalde de mentir en relación co posible peche do centro Pepe de Xan Baña.

Alberto Romar asegurou que a reforma do PXOM é unha necesidade pero non un asunto menor: “Non se acordaron desde 2001 e agora hai que facelo en dous anos. Estamos traballando no PXOM desde que entramos”.

Rexeitou as declaracións de Pose afirmando que na xuntanza de celebrada na Xunta en abril de 2023 informouse que “non habería reforma integral no Barrié”, un investimento que se concretou a posteriori: “Se houbera algo non farían unha manifestación e recollerían milleiros de sinaturas” engadiu.

Sumouse a felicitación de Protección Civil :“Noraboa a Protección Civil pero polo traballo que fan a diario”. E sobre o colexio Pepe de Xan Baña aclarou: “A Xunta intentaba centralizar todo no Barrié de la Maza pero houbo un cambio de parecer”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos