16.4 C
Santa Comba
jueves, julio 17, 2025

Festas porteñas con Danny Romero, Trébol, Tania Veiras e Nueva Fuerza

Festas de San Pedro 2025 en Ponte do Porto.

Xa coñecemos o programa das festas de San Pedro 2025 en Ponte do Porto, no concello de Camariñas, que veñen cargadas de música, tradición e diversión durante dúas fin de semana consecutivas.

A programación comeza o venres 27 de xuño coa tradicional sardiñada popular desde as 20:00 h, amenizada polo Duo Show e o grupo de pandereteiras «O Cansorriño».

O sábado 28, día de San Antonio, celebrarase a misa e procesión coa colaboración do grupo de gaitas «Vaiche Boa» e, pola noite, gran verbena a cargo da orquestra Pontevedra, xunto á Disco Móbil Mega CDC e o DJ Jaavi. Durante o día tamén haberá a tradicional baixada de carrilanas polo río Porto, aproveitando a marea alta.

Tania Veiras y Cumbiapop

O domingo 29, día grande de San Pedro, repetirase a misa e procesión, esta vez acompañada polo grupo de gaitas «Con toda en banda», e pola tarde-noite, sesión vermú e verbena con Trébol e o DJ Borja Solla.

A festa continúa o venres 4 de xullo cun dos pratos fortes do cartel: a actuación do coñecido artista Danny Romero, a partir da 1 da madrugada, acompañado da Disco Móbil Mega CDC.

O sábado 5, día da Virxe do Socorro, haberá misa, procesión con Abrindo Rejo e verbena con Nueva Fuerza,e DJ Unaii.

E para pechar, o domingo 6, Día do Sacramento, misa e procesión con acompañamento da Banda de Cee e macro sesión vermú coa artista Tania Veiras e Los Cumbiapop.

As festas contan coa colaboración do Concello de Camariñas.

Orquestra Trébol

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos