A Laracha celebra o III Día da Muiñeira

A Asociación Cultural Santa María de Torás volverá a converter a capital municipal da Laracha nun escenario de música e baile tradicional galego. Farao por partida dobre: co III Día da Muiñeira, este domingo 25 de maio, e coa Foliada polo XLVI aniversario da entidade, o vindeiro 7 de xuño.

Os eventos foron presentados esta mañá no Concello coa participación da presidenta da asociación, Almudena Martínez, acompañada polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Cultura, Patricia Bello, que destacaron a colaboración municipal nas dúas citas.

Este domingo, 25 de maio, máis de 200 persoas pertencentes a 10 asociacións da Costa da Morte, A Coruña e a súa contorna participarán no III Día da Muiñeira. A partir das 16:30 h, terá lugar a concentración na Praza do Concello e, a seguir, un pasarrúas ata a Praza Les Sables d’Olonne, onde comezará a celebración ás 17:30 h. O pregón correrá a cargo da recoñecida artista Fransy González.

O 7 de xuño, Santa María de Torás conmemorará o seu 46 aniversario cunha xornada festiva tamén na Praza do Concello. A festa arrancará ás 13:30 h coa sesión vermú, seguida dun xantar con churrasco ás 14:30 h (os tíckets xa están á venda). A partir das 18:00 h terá lugar a foliada, e desde as 21:30 h as actuacións de Fransy González e Davide Salvado, acompañadas de petiscos a prezos populares. Ademais, realizaranse sorteos de agasallos doados por comercios colaboradores.

O alcalde da Laracha felicitou á asociación pola súa traxectoria e pola organización de dous eventos que prometen encher de cultura, tradición e festa as rúas da vila.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos