15.9 C
Santa Comba
jueves, junio 19, 2025

O Parlamento Galego pide unha base permanente do SVA na Ría de Camariñas

A deputada Paula Mouzo Mas defendeu esta iniciativa no Parlamento de Galicia.

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular pola que se insta ao Goberno central a establecer unha base permanente do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) na ría de Camariñas (A Coruña), co obxectivo de reforzar a loita contra o narcotráfico. A iniciativa inclúe tamén a modernización e mellora dos medios materiais e tecnolóxicos deste servizo, dotándoo de embarcacións máis potentes, manobrables e equipadas con tecnoloxía avanzada para a intercepción de narcolanchas e unha maior eficacia operativa nas costas galegas.

Ademais, a proposta solicita a ampliación dos recursos humanos e materiais destinados á loita contra o narcotráfico en toda a costa galega, facendo fincapé na provincia da Coruña, onde, segundo o texto aprobado, os medios actuais son inadecuados ou inoperativos ante os desafíos actuais. Requírese tamén garantir a plena operatividade horaria do persoal do SVA e unha distribución equitativa dos medios en todas as súas bases e entre as distintas comunidades.

Postura firme ante o narcotráfico

A deputada popular Paula Mouzo Mas defendeu a iniciativa asegurando que a loita contra o narcotráfico “é unha lacra que esixe unha postura firme de todos os que temos a misión e a responsabilidade de representar aos cidadáns”. Alertou de que o problema “segue presente e medrando nos últimos anos”, destacando que “a droga pode descargarse nunha praia da ría de Camariñas, pero a súa influencia espállase por todo o territorio”.

Falamos da Costa da Morte, unha zona historicamente afectada polo narcotráfico e porta de entrada para as mafias. Por iso, é fundamental reforzar os medios e establecer unha base permanente do SVA nesta zona”, indicou Mouzo.

Desidia do goberno de Pedro Sánchez

A parlamentaria considerou “imprescindible” mellorar os medios materiais e tecnolóxicos do servizo, aumentando tanto a calidade como a cantidade das embarcacións e da infraestrutura técnica, así como dotándoo de persoal suficiente. “Precisamos dun persoal ben tratado para evitar que unha operación se estrague por cuestións como horas extra non cubertas, algo que xa ten sucedido no pasado”, advertiu.

Para concluír, Mouzo subliñou que “as costas sen vixilancia e os medios obsoletos pola desidia do Goberno de Pedro Sánchez requiren unha resposta decidida contra o narcotráfico. É unha realidade incuestionable que os delincuentes dispoñen de narcolanchas potentes e operativos eficientes, mentres que a resposta institucional non está á altura”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos