12 C
Santa Comba
viernes, junio 20, 2025

Nova campaña arqueolóxica no xacemento romano de Brandomil

A Fundación Brandomil inicia esta semana unha nova campaña arqueolóxica no entorno da Pedra do Altar, co obxectivo de afondar no coñecemento do xacemento romano situado na parroquia de Brandomil, no concello de Zas.

A intervención está dirixida polo arqueólogo Lino Gorgoso e contará coa colaboración do CSIC-INCIPIT, que aplicará técnicas de prospección magnética e teledetección de última xeración, como gradiómetros, xeorradares e sensores infravermellos.

Segundo a Fundación, estas ferramentas permitirán delimitar con precisión as áreas de maior interese e deseñar futuras escavacións cun nivel de detalle poucas veces aplicado a nivel europeo.

Os resultados presentaranse nas vindeiras semanas á Consellería de Cultura, como paso previo á planificación das campañas previstas para os anos 2025 e 202

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos