15.3 C
Santa Comba
martes, junio 24, 2025

Homenaxe ás Cantareiras en Berdeogas

O Concello de Dumbría celebra as Letras Galegas en Berdeogas con homenaxe ás cantareiras

Este domingo, ás 18:30 horas, a Casa Cultural de Berdeogas acollerá o acto conmemorativo das Letras Galegas organizado polo Concello de Dumbría. O evento estará centrado na tradición oral galega, cun recoñecemento especial ao papel das mulleres na conservación dos cantos populares.

No programa figuran as actuacións do grupo Devesa da Lúa, formado por mulleres maiores da parroquia de Berdeogas que volveron xuntarse tras 15 anos; das cantareiras da Asociación Fonte Santa e os gaiteiros de Buxantes; e da regueifeira Lupe Blanco.

O acto servirá tamén para lembrar a figura de Estrela García Caamaño, de Regoelle (Olveira), unha das voces recollidas por Dorothé Schubarth no Cancioneiro Popular Galego. A homenaxe pon en valor a transmisión interxeracional da poesía oral e a contribución das mulleres á identidade cultural galega.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos