Santa Comba adxudica obras por máis de 600.000 euros

O Concello de Santa Comba vén de adxudicar obras por un importe superior aos 600.000 euros, correspondentes ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña. Os traballos desenvolveranse ao longo dos meses de verán en diversos núcleos do municipio.

As actuacións terán lugar en Armán, Cubelo de Arriba e Cubelo de Abaixo (San Xoán de Grixoa), Guldris (Santa Sabiña), A Xesteira (Arantón), Ser e na estrada que conecta Freixeiro coa Illa, Castropombo e Portocarreiro, na parroquia de Freixeiro.

O alcalde Alberto Romar sinala que se continuará apostando polo uso de aglomerado asfáltico, coa intención de mellorar a durabilidade e a regularidade das estradas, asegurando infraestruturas de calidade para a veciñanza dos núcleos xalleiros.

Declaracións de Alberto Romar:

“Aglomerar é un gran esforzo económico pero a medio prazo economizaremos, xa que durante moitos anos confiouse nos regos asfálticos e houbo que facer as mesmas obras constantemente.”

“Os núcleos onde pisa a xente debemos aglomerar sempre; e nas estradas que unen núcleos, ás veces será necesario recorrer ao rego para mantelas en estado decente.”

O rexedor tamén expresou o seu agradecemento á Deputación da Coruña, presidida por Valentín González Formoso, polos fondos que fan posible estas actuacións de mellora viaria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos