Unhas 650 persoas reuníronse no pavillón do IES Agra de Leborís, na Laracha, nunha xornada organizada para render homenaxe ás persoas maiores do municipio.
O encontro comezou cunha misa oficiada polos párrocos Manuel Boullón e Manuel Mallo. Tras a cerimonia, serviuse un xantar aos asistentes.
Durante o acto, o tenente alcalde da Laracha, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira Rocío López entregaron un obsequio aos dous participantes de maior idade: Josefa Esperanza Vázquez Castiñeiras, de 100 anos e natural da Grela (Lestón), e Julio Añón Pereiro, de 97 anos e veciño de Centulle (Lestón).
A xornada finalizou cun baile a cargo do Grupo Ritmo.