28.4 C
Santa Comba
lunes, junio 23, 2025

O PP da Costa da Morte urxe ao Goberno Central a que cumpra co cofinanciamento da Lei de Dependencia

Paula Mouzo Mas: “O Estado non está a cumprir e, en lugar de achegar o 50% da dependencia, leva anos incumprindo a súa parte, acumulando xa unha débeda de 2.500 millóns con Galicia

Os voceiros do Partido Popular nos concellos da comarca da Costa da Morte urxen ao Goberno Central a que cumpra coa súa obrigación de cofinanciar o 50% da dependencia, así como a que salde a débeda de máis de 2.500 millóns de euros que ten acumulada con Galicia.

Acompañados polo secretario xeral do Partido Popular na provincia da Coruña, Evaristo Ben, representantes de todos os municipios da comarca explicaron que o artigo 9 da Lei de Dependencia determina que o Estado ten a obrigación de achegar os importes mínimos por cada dependente atendido.

Así o establece o propio Real Decreto de reforma do sistema de dependencia, pero, a pesar de esta obriga legal, o Estado non está a cumprir e, en lugar de achegar o 50% da dependencia, leva anos incumprindo a súa parte, acumulando xa unha débeda de 2.500 millóns con Galicia”, explicou a deputada autonómica e voceira do PP en Camariñas Paula Mouzo.

A Lei de Dependencia en España

Neste sentido, os populares subliñaron que A Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, máis coñecida como Lei de Dependencia, é unha lei española que crea o actual sistema para a autonomía e atención á dependencia. Foi aprobada a finais de 2006 e entrou plenamente en vigor en 2015.

É unha norma que regula as condicións básicas de promoción da autonomía persoal e de atención ás persoas en situación de dependencia mediante a creación dun Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD), coa colaboración e participación de todas as Administracións Públicas”, dixo Mouzo

O obxectivo principal da lei, apuntan os populares, é garantir a igualdade no exercicio do dereito subxectivo de cidadanía á promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, mediante a colaboración e participación de todas as Administracións Públicas e a garantía pola Administración Xeral do Estado dun contido mínimo común de dereitos para todos os cidadáns en calquera parte do territorio do Estado español.

“Dos 100 euros que o Estado debería achegar para o grao I, só achega 76 euros; e tan só 130 euros para o grao II, cando debería achegar 150 euros”, lamentou Mouzo, quen denunciou que este incumprimento supón que, desde a entrada en vigor do Real Decreto, a débeda con Galicia pola falta de pagamento das contías mínimas ascenda a 12,3 millóns de euros adicionais.

Non se trata dun importe fixo mensual, senón dunha débeda que crece cada mes na medida en que Galicia, cumprindo coas súas obrigacións, incrementa mensualmente o número de persoas atendidas”, engadiu a popular.

O novo decreto de dependencia do Goberno central obrigou a reformar a normativa autonómica e a buscar financiamento nun momento no que o exercicio económico galego xa estaba comprometido. “Para a nosa Comunidade, a entrada en vigor deste Real Decreto supuxo un sobrecusto de 80 millóns de euros adicionais ao ano”, concluíu a voceira popular.

Nota de prensa do Partido Popular da Costa da Morte

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos