28.4 C
Santa Comba
lunes, junio 23, 2025

En Muxía, o PPdeG salienta o papel do galego como lingua de unión

O Partido Popular de Galicia conmemorou o Día das Letras Galegas cun acto en Muxía, onde reivindicou o galego como patrimonio compartido por todos os galegos, subliñando o seu papel como elemento de unión e non de división.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, afirmou que a lingua galega non pertence a ningún grupo en particular, senón a todos os galegos e galegas, e destacou a homenaxe deste ano á poesía popular oral e ás cantareiras, como un recoñecemento á súa contribución á transmisión da cultura galega.

José López Campos, responsable de Cultura, Lingua e Xuventude do Goberno galego, defendeu a importancia de honrar a aqueles que dedicaron a súa vida á defensa e o prestixio do galego, e avogou por unha defensa da lingua baseada na convicción e non na imposición.

Sandra Vilela, voceira do partido en Muxía, destacou o compromiso do PPdeG coa cultura e as tradicións galegas, e sinalou que o acto foi unha homenaxe ás mulleres que mantiveron viva a lingua a través da súa voz.

O partido insistiu na defensa dun bilingüismo cordial e na liberdade de cada persoa para expresarse na lingua que desexe, fronte a modelos de imposición lingüística. Reiteraron a idea de que a lingua galega é un tesouro que debe ser coidado e transmitido ás futuras xeracións, e que Galicia é de todos os galegos, independentemente da súa forma de pensar ou de falar.

O acto presentado por María Baleato, contou coa actuación da asociación A Trubisquiña de Vimianzo. O evento contou coa participación de diferentes deputados como o voceiro parlamentario Alberto Pazos ou os parlamentarios de Bergantiños e Costa da Morte, Rubén Lorenzo e Paula Mouzo Mas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos