O pasado xoves tiven o privilexio de coordinar desde o programa “Na Encrucillada” que se emite desde a emisora municipal Radio Xallas, unha tertulia radiofónica moi interesante e emotiva, con convidados moi útiles para facer unha viaxe sonora pola historia do CEIP plurilingüe Barrié de la Maza.
Manolo López Tuñas, profesor nos inicios daquel colexio, obsequiounos con anécdotas e o testemuño daqueles ilusionantes inicios dun centro pioneiro no uso do idioma galego e da educación sexual, pero tamén punteiro no deporte ou na cultura.
Dolores Nieto e Fernando Pintos tamén foron alumnos naquela época. Pero ademais Dolo foi directora durante máis de tres lustros e Fernando exerce como profesor. E para completar o póker de convidados o actual director do centro, César Ramos, que prepara con ilusión os actos que se celebrarán o vindeiro 24 de maio.
Sen dúbida unha desas emisións que como locutor che deixan unha satisfacción inmensa por poder ter a fortuna de presentar, escoitar e dar e conducir desde a mesa de mezclas. Unha tertulia que acredita o importantes que foron estes 50 anos de existencia do colexio.
Escoita a entrevista- desde minuto 75
50 ANIVERSARIO CEIP BARRIÉ DE LA MAZA