15.3 C
Santa Comba
miércoles, mayo 7, 2025

Santa Comba aspira a ter 1 das 24 residencias prometidas por Alfonso Rueda

O alcalde de Santa Comba vén de enviar unha proposta á Xunta de Galicia para poñer a disposición do goberno autonómico os terreos necesarios para que Santa Comba acolla unha das vintecatro residencias para concellos de menos de 50.000 habitantes anunciadas polo Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Debate sobre o Estado da Autonomía.

Alberto Romar argumenta que “Santa Comba ten unha zona xeográfica privilexiada e unha poboación envellecida que xunto coa ausencia de residencias en municipios limítrofes, fan deste concello nunha elección idónea”.

Terreos en Santa Comba, Ser e A Pereira

O concello oferta terreos nas parroquias de Santa Comba, Ser e A Pereira.O alcalde tamén se mostra disposto a negociar con particulares por se interesaran outras ubicacións que non sexan públicas e asegura que “facilitará tódolos tramites administrativos e técnicos precisos”.

Desde o goberno local xalleiro confían en que “Santa Comba vai a ser unha das ubicacions elexidas” e agradecen que a Xunta de Galicia valore a proposta presentada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos