O grupo municipal socialista de Muxía mantivo unha xuntanza co portavoz do PSOE na Deputación, Bernardo Fernández Piñeiro, para dar conta da “ inoperancia e a parálisis absoluta do goberno de Javier Sar e Sandra Vilela para sacar adiante as obras” financiadas pola entidade provincial.
O portavoz municipal, Iago Toba e a concelleira Olalla Benlloch explicaron que “o goberno das cero obras de Javier Sar está demostrando unha incapacidade total para sacar adiante obras fundamentales para Muxía, e que se percibe sobre todo na parálisis de obras que xa estaban listas e que foron xestionadas polo goberno anterior, sendo totalmente paralizadas coa moción de censura e o cambio de goberno”.
Fernández Piñeiro comprometeuse a prestar atención á xestión dos fondos procedentes do ente provincial, que supoñen o 90% das obras..
«Que adiquen un pouco de tempo a traballar por Muxía»
Os socialistas muxiáns citan a Estrada de San Martino a Añobres, accesos ao Núcleo de Merexo ou ao porto de Merexo, a terceira fase de Frixe, o paseo da ponte de O Lago, a depuradora de Quintáns ou mesmo a pista polideportiva do mesmo nucleo entre outras.
“Recomendamoslle ao tripartito, posto que tanto PP, IXM como BNG funcionan como tal, que deixen a un lado a obsesión que teñen co anterior equipo de goberno e que adiquen un pouco dese tempo a traballar por Muxía” declarou Iago Toba.