15.3 C
Santa Comba
miércoles, mayo 7, 2025

Deputación e concellos renovan a colaboración no Parque do Megalitismo

A Deputación da Coruña e doce concellos da Costa da Morte renovan a colaboración para a xestión conxunta do Parque Arqueolóxico do Megalitismo

A Deputación e os concellos de Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee, Coristanco, Dumbría, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo e Zas asinaron a renovación por catro anos do convenio para a xestión coordinada do Parque Arqueolóxico do Megalitismo.

O acordo busca impulsar a conservación, difusión e aproveitamento turístico e cultural do patrimonio megalítico da comarca, agrupando recursos para unha xestión eficiente.

Esta colaboración permitirá optimizar servizos e acelerar traballos en sinalización, roteiros e xestión de terreos. O deputado Xosé Penas destacou a importancia da cooperación para poñer en valor os tesouros patrimoniais da Costa da Morte. A próxima reunión terá lugar o 20 de maio en Vimianzo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos