A portavoz do Partido Popular de Camariñas, Paula Mouzo Mas, deu conta dun escrito presentado no concello e no que insiste na necesidade de que o municipio conte con máis efectivos da Garda Civil.
Unha petición, xa con extensión a toda Costa da Morte, explicada polas deputadas estatais Marta González e Ana Vázquez nunha visita a Camariñas e tamén defendida polos populares nun pleno.
Propoñen unha moción conxunta
Agora desde o PP reiteran a súa proposta: “Ofrecemos o noso apoio nestas peticións, e a pesar do rexeitamento por parte do PSOE de Camariñas e do BNG a moción presentada polo noso grupo no seu día, propoñemos elaborar unha moción conxunta dos tres grupos con representación no pleno para pedir medidas urxentes ao Goberno Central e a dotación de máis efectivos da Garda Civil”.
Piden a alcaldesa que faga xestións
Lembran que tanto no referente a necesidade de axentes da Garda Civil como da Policía Local xa presentaron varias iniciativas tanto no pleno como nos medios de comunicación.
Explican que é “unha necesidade” e que a “seguridade cidadá” debe ser “unha prioridade” e emprazan a alcaldesa, Sandra Insua “a facer as xestións oportunas para encontrar unha solución”. En días pasados Mouzo difundía un vídeo no que daba conta da preocupación que existía en Camariñas por varios acontecementos que preocupan ós veciños.