15.3 C
Santa Comba
miércoles, mayo 7, 2025

O PP apoia a demanda da base do SVA na Costa da Morte pero anuncia unha iniciativa máis ambiciosa

O Partido Popular apoiou a iniciativa do BNG pero presentará unha iniciativa parlamentaria máis completa despois de que non se aceptara a emenda dos populares.

A deputada Paula Mouzo Mas lamentou que o BNG vetara a emenda do PPdeG para que esta iniciativa parlamentaria incorporara outras medidas, como solicitar a modernización e reforzo dos medios materiais e tecnolóxicos do Servizo de Vixilancia Aduaneira, ampliar a dotación de medios persoais e materiais empregados polo Goberno de España na loita contra o narcotráfico ou garantir a plena operatividade horaria do persoal do SVA para non comprometer a execución de operacións contra o narcotráfico.

Para Mouzo a proposta do BNG “non é todo o ambiciosa que debería para atender as demandas dos traballadores deste servizo para atallar un verdadeiro problema social”.

A parlamentaria precisou que “É necesario demandar ao Goberno de España máis compromiso con Galicia “porque consideramos necesario e urxente que haxa unha revisión integral de todos os medios persoais e materiais que temos para loitar contra o narcotráfico no litoral da provincia de A Coruña e en toda a costa galega”.

Modernización dos efectivos

Tamén manifestou que “se todos coincidimos que temos medios obsoletos, teremos que pedir a modernización e o reforzo dos medios materiais e tecnolóxicos do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia, porque a situación actual pide unha proposta máis ampla e completa para atallar un verdadeiro problema social, e pide facelo dun xeito construtivo”.

Paula Mouzo criticou que o Goberno de Pedro Sánchez “estea dotando de medios para a loita contra o narcotráfico a outras comunidades pero non a Galicia”, e puxo como exemplo a Andalucía. “A nós parécenos un acerto que Vixilancia Aduaneira sume medios máis modernos alí onde se necesitan, como é o caso de Alxeciras, pero ao mesmo tempo están enviando a Galicia medios máis antigos e obsoletos que non queren noutras bases ou directamente non nos envían nada”, apuntou.

“O único que lle pedimos ao Goberno de Pedro Sánchez é que a distribución de medios non veña condicionada pola necesidade da vicepresidenta Montero de apuntalar as súas malas perspectivas electorais en Andalucía”, rematou.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos