15.3 C
Santa Comba
miércoles, mayo 7, 2025

Apoio unánime á petición dunha base do SVA na Costa da Morte

Prosperou a iniciativa do BNG por unanimidade

O Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei para instar ao goberno do Estado a establecer unha base permanente do Servizo de Vixilancia Aduaneira na Costa da Morte.

A iniciativa foi presentada polo BNG e defendida polo deputado, Oscar Insua, que afirmou que “tanto o PSOE, con 28 anos de goberno, como o PP, con 15, ignoraron sistematicamente a dotación dunha base marítima na Costa da Morte”.Insua denuncia que o servizo conta “cunha flota desmantelada e infraestruturas inoperativas “como as bases de Ribadeo e Muros.

Tamén criticou a falta de patrulleiras modernas en Galicia “mentres outras rexións como Andalucía ou Canarias reciben medios novos».

Costas desprotexidas

«As costas galegas están desprotexidas, e os narcos aproveitan os tempos adversos e as festas para introducir droga» advertiu o parlamentario que lembrou que o BNG xa rexistrou o pasado mes de febreiro unha iniciativa similar no Congreso dos Deputados.

«Non podemos esperar outros 35 anos nin outro narcosubmarino para actuar», afirmou Insua. Ademais, reivindicou un «Servizo Galego de Vixilancia Aduaneira» con medios propios e coñecemento do territorio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos