En Santa Sabiña, o vindeiro sábado 12 de abril, no campo da festa, terá lugar a séptima edición deste encontro veciñal. No xantar non faltará o polbo (pulpo) e a carne ó caldeiro. A música (sesión vermú e tardeo) co Dúo Galán e un dj.
San Cristovo de Mallón acolle o VI Xantar popular este domingo 13 de abril. O Dúo Rosán amenizará a sesión vermú e logo, o evento gastronómico coa Pulpeira Guerra, con empanada, pulpo e carne ó caldeiro. E máis festa co Dúo Rosán e regueifa con Yessica Nantón e Antonio de Xornes.
Nesta parroquia honrarán o 20 de maio a Santa Leocadia con misa ás 13:30h, sesión vermú e tardeo co trío Alborada.
En Castriz
O 10 de maio é a cita en Castriz. Ás 13:00h haberá unha misa polos defuntos da parroquia e unha actuación folclórica. E a partir das 15:00h chegará o polbo (pulpo) e churrasco.
Haberá sorpresas, xogos para nenos e música co Dúo Principal e a discoteca móbil CDC. E carpa.
FOTO- CASTRIZ