7 C
Santa Comba
martes, abril 15, 2025

Renuncia unha concelleira do PP de Muxía por motivos laborais

O grupo municipal do Partido Popular de Muxía comunicou hoxe a través da súa voceira, Sandra Vilela, que Rosario González Lema deixará a súa acta como concelleira de formación popular por motivos laborais. Os populares comunicaron tamén que será José Luis Santiago Alvite o que ocupará o seu lugar como integrante do grupo en canto tome posesión no próximo pleno local.

Vilela aproveitou a ocasión para agradecer o traballo realizado ata a data por unha compañeira á que cualificou de “traballadora” e “moi comprometida” co seu labor á hora de traballar pola veciñanza de Muxía.

“Déixanos como concelleira, pero sabemos que poderemos seguir contando con ela para todo o que necesitemos porque vai seguir estando aí para axudarnos en todo o que poida, aínda que agora sexa desde outra faceta”, afirmou Vilela, quen aproveitou para destacar a capacidade que Gonzalez Lema tivo sempre para “sumar” en beneficio do partido e de todo o Concello de Muxía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos