7 C
Santa Comba
martes, abril 15, 2025

Patricia Iglesias denuncia a “situación de shock” da sanidade

A deputada socialista no Parlamento galego, Patricia Iglesias Rey, denunciou «situación de shock» que vive a sanidade na comarca e en Galicia, en especial coa falta de especialistas.

Desde o Centro de Saúde de Carballo fixo un chamado a que «se sume todo o mundo á manifestación» pola Sanidade Pública convocada para este domingo ás 11:30 na Alameda de Santiago de Compostela, para defender un sistema «de calidade e, sobre todo, para todos e todas as galegas».

«As socialistas de Galicia avogamos por unha sanidade pública para todos e todas as galegas e, sobre todo, que sexa accesible e de calidade con profesionais en todos os centros de saúde», afirmou.

Iglesias Rey indicou que «cuantificábanse pola Asociación de Pediatría en Galicia que máis de 40.000 nenos non teñen dereito a 1 pediatra no seu centro de saúde». E que «tamén saía onte un informe do Consello de Contas onde se dicía que aumentou o 18% a derivación á sanidade privada, é dicir, cartos hai».

Falta de profesionais na comarca

Pola súa banda, a voceira socialista no Concello da Laracha, Inés Ramos López, subliñou tamén «a falta de profesionais, tanto médicos como especialistas, en toda a comarca».

Enumerou tamén «a necesidade dunha ambulancia medicalizada, a falta de especialistas como por exemplo o pediatra en Zas ou, por exemplo, a tardanza para poder ter unha cita coa matrona no caso da Laracha, que de 15 dias».

Reclamou tamén «un acondicionamento do aparcamento para o helicóptero de urxencias» en Carballo, e, en xeral, «que todos os cidadáns podemos ter acceso» á Sanidade Pública.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos