O Camiño dos Faros no programa do Camping Lago-Mar en Semana Santa

O cámping Lago-Mar na fermosa praia do Lago de Muxía reabrirá as súas portas o vindeiro 12 de abril, sábado, cunha programación especial que aunará cultura, gastronomía e terra. Na festa de apertura hai unha foliada libre a partir das 18.30 horas.

O menú das xornadas seguintes seguirá así: Domingo 13 de abril: Concerto dos ferroláns Mentah, a partir das 19.30. Días 14, 15 e 16 de abril: campamento infantil para xogar e disfrutar das vacacións en plena natureza, de 16.00 a 20.00, cun custe de 15 euros, incluíndo merenda, e inscripcións no 600 80 49 32. 17 de abril, xoves. Ás 10.00, andaina polos arredores do cámping coa asociación O Camiño dos Faros, con posterior charla en formado podcast e paella. Sábado 19 de abril: Show de improvisación co Colectivo do Flow, das 19.00 en adiante. Domingo 2 de abril: Concerto ás 19.30 do cantautor country estadounidense Noel Mckay, afincado en Galicia.

A cooperativa xuvenil Horta Creativa, encargada da xestión de Lago-Mar, pretenden un «espazo cultural vibrante nunha localización privilexiada para explorar, disfrutar e relaxarse». Nesta xeira destaca a iniciativa do xoves santo á par do Camiño dos Faros que recorre ademais un tramo xacobeo da Vía Céltica engarzando en Merexo co camiño posxacobeo a Muxía, con Cereixo como referente. Unha xornada con arte, literatura, historia e natureza.

ANDAINA INTERPRETATIVA PONTE DO PORTO-PRAIA DO LAGO POLO CAMIÑO DOS FAROS

09:30 Quedada na Praza de San Roque (Ponte do Porto). Ao final da andaina organizámonos entre todos para levar aos pilotos de volta a polo coche. 10:00 Ponte do Porto, 10:15 Mirador de Cereixo (Charla interpretativa Ponte do Porto e Cereixo polo escritor e historiador Rafael Lema), 11:00 Cereixo (Muiño de Mareas, Igrexa de Santiago, Torres de Cereixo e Carballo de Cereixo), 11:15 Cruce dereita Furna do Sapo, 11:30 Furna do Sapo, 11:45 Praia de Area Grande, 12:30 Praia de Leis, 12:45 Faro da Praia do Lago, 13:00 Praia do Lago e Final de Etapa Camping-Lago Mar as 13:15. Retorno dos pilotos de volta ao coche. Charla da Asociación O Camiño dos Faros con tres ponentes e as 15:00 Paella cortesía no Camping Lago-Mar.  

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos