Iago Toba séntese vítima e presenta dúas denuncias


O portavoz municipal socialista, Iago Toba, informa da presentación de dúas denuncias polos feitos acontecidos esta semana despois de que desde o PP pedisen a súa dimisión por referirse como ”inútil e inválido” a unha persoa que estaba no público na última sesión plenaria.

Toba asegura que foi vítima dos insultos desa persoa, familiar da portavoz do BNG, “así como as risas cómplices de afins ao BNG no público e concelleiros do PP e IXM sen que o Alcalde dixese nada”.

Sobre as denuncias do PP, Toba comentou “A sesión plenaria está retransmitida e gravada en directo na súa totalidade e non se ve en ningún momento, ningún insulto nin ao pai da concelleira nin a nadie do público alí presente pola miña parte. Está grabado”.

Insultos, ameazas, descalificacións e intento de agresión

Lembra que el mesmo alertou á secretaria municipal “dos insultos, ameazas e descalificacións proferidos polo pai cara miña persona”. Tamén asegura que recibiu ameazas do propio alcalde, Javier Sar.

O portavoz socialista asegura que foi obxecto de máis insultos e dun intento de agresión á saída do pleno por parte dunha muller que “foi reducida, entre outros, polo Policía Local”.

”Que un señor maior, enfermo e en difíciles situación emocionais o empreguen para facer política, é grave, pero máis se cabe, que o faga a súa propia filla. Para min unha prostitución da política municipal de maneira descarada, coa utilización dunha persona que quenes tiñan que cuidar e evitarlle situacions difíciles son os seus propios familiares. Pero non! Intentan darlle a volta á historia e sacar rédito político a unha mentira” denuncia Iago Toba desde as súas redes sociais.

O portavoz do PSOE afirma que presentou dúas denuncias que ampliará o vindeiro luns e declara que “Non vou a participar nesta cortina de fume indecente empregada para tapar a falta de ética do goberno tripartito, e da dificil situación social e política do BNG e os seus socios PP e IxM”.

IMAXES PLENO DE MUXÍA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos